Aprobadas as bases para a contratación dun técnico/a para profundar na implantación da administración electrónica

  • A obra estará financiada nun 80% por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

A Xunta de Goberno local aprobou hoxe as bases para a contratación dun técnico/técnica en tecnoloxía da información para o Concello de Pontevedra. Da convocatoria sairá unha lista provisoria da praza. A contratación será por 3 anos coa posibilidade dunha prórroga dun ano máis.

A convocatoria, subliñou a portavoz do Goberno local, Carme da Silva, ten como obxectivo “acelerar a posta en marcha da administración electrónica” unha das liñas de actuación incluída na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integral (EDUSI) de Pontevedra -Máis modelo Pontevedra- coa que o Concello de Pontevedra acadou os fondos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

A contratación dun técnico cualificada para a implementación da sede electrónica contribuirá a reforzar os servizos dixitais da administración local e acadar os obxectivos previstos no Programa Operativo de Crecemento Sostible FEDER 2014-2020.

As persoas interesadas en optar a praza terán que ter a titulación de Enxeñería de Telecomunicacións ou Enxeñería Informática. Trátase dunha praza do Grupo A-1

O prazo para presentar solicitude para poder concorrer a esta oposición é de 10 días naturais a partir da publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP).