PROXECTOS DA EDUSI

Acondicionamento do camiño do Gorgullón

  • Proxecto
  • Multimedia
  • Novas

A presente actuación pretende avanzar na mobilidade urbana sustentable de Pontevedra mediante a mellora da rede viaria do camiño do Gorgullón, como tramo integrante do Camiño Portugués a Santiago ao seu paso por Pontevedra, ao convertelo nunha vía de uso prioritario peonil e en plataforma única.

As actuacións concretas nesta rúa consisten basicamente na eliminación dos pavimentos existentes nela e a dotación de novos pavimentos en plataforma única, así como a renovación de todas as instalacións de servizos existentes (abastecemento, saneamento, iluminación, telecomunicacións e gas). Dotarase toda a rúa de novas luces e árbores, así como do mobiliario urbano necesario.

Operacións:

2017/FEDERSOL/005: Acondicionamento do camiño do Gorgullón como tramo urbano do Camiño de Santiago

2020/FEDERSOL/00001: Mellora do contorno urbano do Camiño do Gorgullón: acondicionamiento das rúas Travesía de Eduardo Pondal,  Moa, Curtidoira, Pedro Sarmiento de Gamboa e Praza de Ponte Boleira

Liña de actuación do Plan de implementación da estratexia

LA 14: Plans parroquiais de adaptación modal de camiños, vías, rúas, pistas e prazas como vías de coexistencia para a mobilidade (peonil, ciclista e a motor) co obxectivo de aumentar a comodidade e a seguridade viaria.

Imaxes

Vídeos

Arrancan as obras para transformar a rúa do Muíño en espazo peonil

Forma parte da reforma do Gorgullón, que está practicamente rematada. A obra estará cofinanciada por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) O Concello de Pontevedra iniciou esta semana os traballos de reforma da rúa do Muíño, unha das perpendiculares da rúa Gorgullón e incluída dentro
LER MÁIS

Asfaltado dun carril da avenida da Estación logo de rematar a nova beirarrúa

Será mañá e pasado en horario de mañá e tarde. O tráfico estará pechado en sentido Josefina Arruti, pero quedará restablecido cando non se estea traballando A obra estará cofinanciada por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) Continúan os traballos de reforma da rúa Gorgullón,
LER MÁIS

Comeza a plantación de pereiras de flor na rúa Gorgullón

O proxecto afronta as últimas semanas xa que ten que estar certificado cara finais de outubro. A obra estará financiada nun 80% por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) A obra de reforma da rúa Gorgullón enfila as súas últimas semanas de traballos para poder
LER MÁIS

A reforma do Gorgullón continúa coa demolición da beirarrúa da avenida da Estación

É un proxecto de mellora da obra que pretende dar uniformidade a este treito, entre o Gorgullón e a zona de estancia da rotonda da avenida Josefina Arruti. A obra estará financiada nun 80 % por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) A obra da
LER MÁIS

Empezan a verse os primeiros paños da nova rúa do Gorgullón

A empresa que reforma este tramo do Camiño de Santiago comezou polo cruzamento con Pedro Sarmiento de Gamboa. A obra estará financiada nun 80% por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) A obra de reforma da rúa Gorgullón cambiará de imaxe, radicalmente, nas vindeiras semanas.
LER MÁIS

Comeza a instalación do enlousado do Camiño de Santiago no Gorgullón

Mentres se traballa no remate do soterramento das novas canalizacións e na praza do final da rúa, iníciase o acondicionamento do terreo para colocar as primeiras lousas no cruzamento con Eduardo Pondal. A obra estará financiada nun 80% por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER)
LER MÁIS