PROXECTOS DA EDUSI

Acondicionamento do camiño do Gorgullón

  • Proxecto
  • Multimedia
  • Novas

A presente actuación pretende avanzar na mobilidade urbana sustentable de Pontevedra mediante a mellora da rede viaria do camiño do Gorgullón, como tramo integrante do Camiño Portugués a Santiago ao seu paso por Pontevedra, ao convertelo nunha vía de uso prioritario peonil e en plataforma única.

As actuacións concretas nesta rúa consisten basicamente na eliminación dos pavimentos existentes nela e a dotación de novos pavimentos en plataforma única, así como a renovación de todas as instalacións de servizos existentes (abastecemento, saneamento, iluminación, telecomunicacións e gas). Dotarase toda a rúa de novas luces e árbores, así como do mobiliario urbano necesario.

Operacións:

2017/FEDERSOL/005: Acondicionamento do camiño do Gorgullón como tramo urbano do Camiño de Santiago

2020/FEDERSOL/00001: Mellora do contorno urbano do Camiño do Gorgullón: acondicionamiento das rúas Travesía de Eduardo Pondal,  Moa, Curtidoira, Pedro Sarmiento de Gamboa e Praza de Ponte Boleira

Liña de actuación do Plan de implementación da estratexia

LA 14: Plans parroquiais de adaptación modal de camiños, vías, rúas, pistas e prazas como vías de coexistencia para a mobilidade (peonil, ciclista e a motor) co obxectivo de aumentar a comodidade e a seguridade viaria.

Imaxes

Vídeos

Comezan as obras de transformación da rúa Gorgullón, a entrada na cidade do Camiño de Santiago

A obra estará financiada nun 80% por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) Os traballos comezaron polo entronque con Eduardo Pondal onde está a principal complicación do proxecto, facer un aliviadeiro da tubaxe de fecais que une coa praza de Galiza, cara o colector do
LER MÁIS

Adxudicada á empresa pontevedresa EC Casas a obra de reurbanización do Gorgullón

Presentou unha oferta de 1.258.629,17 euros e asume dúas melloras: acondicionamento do entronque coa rúa Estación e mellora do pavimento da banda central da rúa Os traballos comezarán nun mes pois queda presentar o plan de seguridade e saúde laboral e de tratamento de resíduos
LER MÁIS

A Mesa de Contratación do Concello propón a adxudicación da obra de reurbanización do Gorgullón á empresa EC Casas

A empresa presentou unha oferta 1.258.629,17 euros e asume como complemento: o acondicionamento do entronque coa rúa Estación e a mellora do pavimento da banda central da rúa A obra estará financiada nun 80% por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) A empresa pontevedresa competiu
LER MÁIS

A Mesa de Contratación avalía as 14 ofertas presentadas á reurbanización do Gorgullón e pide aclaracións por unha baixa temeraria

As ofertas económicas van desde 1.209.800 euros de Oresa (a máis barata) até 1.445.600 euros de Prace (a máis cara) EC Casas é a empresa mellor colocada  para a adxudicación Todas as firmas asumiron nas súas ofertas as melloras formuladas polo Concello A obra estará
LER MÁIS

Catorce empresas presentan oferta para reformar a rúa do Gorgullón

É unha obra que estará financiada cos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Todo o proxecto ten un custe de 1,5 millóns de euros e permitirá mellorar a entrada do Camiño de Santiago na cidade. A Mesa de Contratación do Concello de Pontevedra reuniuse esta
LER MÁIS