PROXECTOS DA EDUSI

Reforma da Ponte do Burgo

  • Proxecto
  • Multimedia
  • Novas

O proxecto pretende a peonalización da Ponte do Burgo e o tratamento dos espazos de acceso situados en ambos os extremos desta para mellorar o contorno urbano, revitalizando a cidade, á vez que se pon en valor esta ponte como tramo integrante do Camiño Portugués a Santiago ao seu paso por Pontevedra.

Desta forma acondiciónase un novo espazo público de referencia na cidade ademais de tratar a devandita ponte como o que é: un monumento central da historia de Pontevedra.

Operación:

2017/FEDERSOL/007: Acondicionamento da Ponte do Burgo e o seu contorno.

Liña de actuación do Plan de implementación da estratexia

LA2: programa de mellora ambiental e urbana de espazos de barrios periféricos degradados.

Imaxes

A Ponte do Burgo abrirá ao paso peonil o próximo venres

O enlousado de pedra do taboleiro está moi avanzado de modo que a apertura se poderá facer cara final de semana A obra estará cofinanciada por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) O Concelleiro de Obras, Demetrio Gómez anunciou esta mañá a apertura da Ponte
LER MÁIS

Comezan os traballos na cabeceira sur da Ponte do Burgo 

Mañá comeza a instalarse o novo paso elevado fronte a Ponte mantendo o trazado do Camiño de Santiago. A obra obriga a pechar dous carrís da avenida de Bos Aires dende mañá até o mércores. A obra estará cofinanciada por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional
LER MÁIS

Comezan os primeiros traballos na cabeceira norte da Ponte do Burgo

As primeiras actuacións levaranse a cabo na área actualmente acotada e non afectarán ao tráfico na rúa Domingo Fontán Forman parte do proxecto da posta en valor da Ponte do Burgo, financiado nun 80% por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) A vindeira semana está
LER MÁIS

A Ponte do Burgo pechada ao tráfico peonil para limpar o enlousado de pedra

Manterá esta situación durante os vindeiros días xa que se está a facer cunha maquinaria pesada que pode supor riscos para os peóns. A obra estará financiada nun 80% por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) As obras de reforma da Ponte do Burgo obrigaron
LER MÁIS

Comeza a reforma da ponte do Burgo co peche ao tráfico

Dende esta mañá está en marcha a obra. A obra estará financiada nun 80% por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) A ponte do Burgo permanece pechada ao tráfico dende esta mañá para iniciar os traballos de recuperación e peonalización do principal elemento patrimonial do
LER MÁIS

Mañá comezan as obras da Ponte do Burgo

Arrancan demolendo a rotonda de Domingo Fontán e a avenida da Coruña para pechar o tráfico na ponte o xoves, 7 de marzo. Como traballos previos está unha inspección visual da parte de abaixo da ponte, facer catas arqueolóxicas e facer unha limpeza. A obra
LER MÁIS