PROXECTOS DA EDUSI

Transporte Colectivo a Demanda

  • Proxecto
  • Multimedia
  • Novas

O proxecto  consistirá na implementación dun medio de transporte público baixo demanda entre a poboación residente en núcleos de baixa densidade, fundamentalmente. Este servizo favorecerá a mobilidade á carta, facilitando o transporte a onde se determine, no momento que se demande, compartindo a viaxe con outros pasaxeiros con traxectos similares, en vehículos de baixa capacidade, articulado, preferentemente, a través do servizo de taxi. Priorizaranse os desprazamentos a equipamentos socio-sanitarios e de carácter asistencial.

Este sistema de transporte estará orientado principalmente á poboación de núcleos de baixa e media densidade de Pontevedra e a colectivos con posibilidades de mobilidade reducida (poboación da terceira idade, poboación infantil e xuvenil, etc.).

Operaciones:

2019/FSOL/000003: Desenvolvemento de aplicación intelixentes (Smart cities) para a mellora da xestión do servizo de transporte público, de mobilidade e para a optimización da comunicación ao usuario e a súa accesibilidade aos sistemas de información do servizo.

2019/FSOL/000002: Planificación, pto. e coord., incluíndo servizos de consultoría de transporte, así como servizos de consultoría informática, e aqueles derivados,  para o desenvolvemento e implantación dun modelo de transporte colectivo a demanda mediante vehículos de baixa capacidade.

Liñas de actuación do Plan de implementación da estratexia

LA 12: Xestión de servizos públicos accesibles, información e cooperación co sector privado a través das TIC.

LA 17: Implantación dun modelo de transporte colectivo a demanda mediante vehículos de baixa capacidade.

Imaxes

Os consellos parroquiais difundirán o traballo de campo do proxecto de transporte a demanda

Representantes de todas as parroquias do Concello participaron nunha asamblea para coñecer polo miúdo o proxecto de transporte a demanda e comprometéronse a promover a participación activa na recollida de información previa.
LER MÁIS

Arranca o deseño do transporte a demanda coa sinatura do contrato da plataforma dixital

Está prevista a implantación dunha plataforma de transporte compartido a demanda para dar servizo á veciñanza da zona periurbana e rural, na que os usuarios deberán chamar a unha central de reservas a través da web ou da app para solicitar con antelación rutas á carta
LER MÁIS

Adxudicado o contrato para deseñar a aplicación informática que rexerá o transporte a demanda

A UTE Demesix Sicom Zitycard realizará o traballo de ‘desenvolvemento, subministro e posta en marcha da plataforma de xestión’ por un orzamento e 266.587,20 e un prazo de execución de 21 meses O Concello vén de adxudicar o contrato de ‘Desenvolvemento, subministro e posta en
LER MÁIS

Adxudicado o estudo e a proposta de explotación do transporte a demanda

A UTE MCRIT S.L. – Seteoitavas Sociedade Cooperativa Galega realizará este traballo por un importe de adxudicación de 76.683,75 euros, máis 37.5000 euros correspondentes a melloras   A portavoz do goberno, Anabel Gulías vén de informar do que denominou “un paso adiante” na posta en
LER MÁIS

Dúas ofertas para crear a aplicación informática que rexerá o transporte a demanda 

Unha das ofertas é unha UTE con maioría galega, e a segunda unha empresa radicada en Madrid. A obra estará financiada nun 80% por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) A Mesa de Contratación do Concello de Pontevedra reuniuse esta semana para coñecer as ofertas
LER MÁIS

Cinco empresas presentan ofertas para o estudo e proposta de explotación do transporte a demanda

O orzamento de licitación é de 102.850 euros e o prazo de execución de 11 meses Nas vindeiras semanas coñeceranse as ofertas para a aplicación informática, cuxo orzamento de licitación ascende a 297.460 euros A previsión é que ambas contratacións estean adxudicadas e comecen a
LER MÁIS