Estratexia Urbana Máis Modelo Pontevedra

Cales son os seus obxectivos estratéxicos?

Máis Modelo Urbano Pontevedra establece un total de oito obxectivos estratéxicos para contribuír aos retos do municipio. Son os seguintes:

OES 1

Máis modelo de cidade sustentable e de calidade urbana centrada nas persoas no bordo da cidade compacta

Estender o modelo de transformación urbana a barrios e á coroa periférica do continuo urbano de Pontevedra e mellorar profundamente o medio natural destas áreas morfolóxicas para alcanzar unha alta calidade urbana en todas as súas facetas.

OES 2

Máis cohesión social, protección e integración da cidadanía

Mellorar o benestar social con especial incidencia en colectivos sociais desfavorecidos ou en risco de exclusión.

OES 3

Máis accesibilidade dixital, participación e calidade democrática

Aumentar a información, a usabilidade e a accesibilidade universal dos servizos municipais e os recursos locais en condicións de igualdade real a través das TIC.

OES 4

Máis respecto ambiental, menos pegada de carbono

Afondar no cambio modal de mobilidade en favor das persoas e na súa sustentabilidade en xeral e na mellora do comportamento enerxético urbano.

OES 5

Máis conectividade e accesibilidade urbana sustentable

Mellorar a conectividade de barrios periféricos co centro urbano e a mobilidade na coroa periférica da cidade.

OES 6

Máis patrimonio vivo natural e cultural conservado e valorizado

Recuperar áreas naturais e do patrimonio histórico-cultural de gran valor e atractivo para a cidadanía e as persoas visitantes.

OES 7

Máis xestión sustentable dos recursos naturais

Realizar unha xestión sustentable de residuos sólidos urbanos e do ciclo da auga.

OES 8

Máis dinamización económica local

Impulsar iniciativas económicas de base local sinérxicas ao modelo de desenvolvemento urbano.

Accede á información da Estratexia DUSI “Máis Modelo Urbano Pontevedra”