PROGRAMACIÓN

Plan de Implementación

As actuacións do Plan de implementación da Estratexia DUSI do Concello de Pontevedra contan co apoio financeiro da Unión Europea ao resultar elixida polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas na primeira convocatoria para a selección de Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014 – 2020.

O Plan de implementación está integrado por 20 liñas de actuación da Estratexia DUSI Máis Modelo Pontevedra.

Estas liñas de actuación son as seguintes:

LA_1LA_1 copy

LA10

Ferramentas TIC de apoio á participación, relación e información dos consellos territoriais e sectoriais

LA_2LA_2 copy

LA11

Potenciación da Administración electrónica de Pontevedra

LA_3LA_3 copy

LA12

Xestión de servizos públicos accesibles, e información e cooperación co sector privado a través das TIC

LA_4LA_4 copy

LA13

Aplicacións tecnolóxicas para facilitar o acceso á información e posta en valor, fomento e desenvolvemento do patrimonio natural, histórico-artístico, cultural e outros recursos locais para a cidadanía e os visitantes

LA_5LA_5 copy

LA14

Plans parroquiais de adaptación modal de camiños, vías, rúas, pistas e prazas como lugares de coexistencia para a mobilidade (peonil, ciclista e a motor), o que aumentará a comodidade e a seguridade viaria

LA_6LA_6 copy

LA15

Programa de camiños escolares na coroa periférica de media densidade

LA_7LA_7 copy

LA16

Rede viaria peonil intraparroquial no continuo de media densidade que rodea a cidade central, que una vías e permita a autonomía da poboación infantil, xuvenil e de terceira idade

LA_8LA_8 copy

LA17

Implantación dun modelo de transporte colectivo a demanda mediante vehículos de baixa capacidade

LA_9LA_9 copy

LA20

Plan de mellora do comportamento enerxético de instalacións sociais

LA_10LA_10 copy

LA23

Restauración paisaxística, medioambiental e patrimonial de lugares de interese turístico, cultural e ambiental en espazos naturais fluviais

LA_11LA_11 copy

LA24

Recuperación de espazos forestais periurbanos para a priorización do uso cidadán e turístico

LA_12LA_12 copy

LA1

Programa para a revitalización e a valorización urbana de núcleos de centralidade de parroquia na coroa periférica da cidade

LA_13LA_13 copy

LA2

Programa de mellora ambiental e urbana de espazos urbanos de barrios periféricos degradados

LA_14LA_14 copy

LA3

Novas infraestruturas sociais mediante a creación de espazos deportivos polivalentes e instalacións para a práctica de deportes tradicionais

LA_15LA_15 copy

LA5

Acondicionamento e dotación de espazos e equipamentos no edificio social Centro Sur, destinado a colectivos que prestan servizos sociais

LA_16LA_16 copy

LA30

Fomento do comercio retallista do conxunto histórico de Pontevedra co obxectivo de mellorar a súa competitividade

LA_17LA_17 copy

LA29

Plan de dinamización da praza de abastos como novo espazo lúdico-gastronómico (food lab market).

LA_18LA_18 copy

LA28

Mercado de novos creadores mediante a rehabilitación de espazos comerciais para contribuír á dinamización comercial da zona monumental

LA_19LA_19 copy

LA7

Laboratorio da infancia

LA_20LA_20 copy

LA6

Implantación dun plan de igualdade

A relación de liñas de actuación e obxectivos temáticos e específicos do POPE aparecen reflectidos a continuación:

Obxectivo temático 02

Mellorar o uso e a calidade das TIC e o acceso a estas

Obxectivo específico 2.3.3

Promoción das TIC en estratexias de desenvolvemento urbano integrado a través de actuacións en Administración electrónica local e smart cities

  • LA10: ferramentas TIC de apoio á participación, relación e información dos consellos territoriais e sectoriais.
  • LA11: potenciación da Administración electrónica de Pontevedra.
  • LA12: xestión de servizos públicos accesibles, e información e cooperación co sector privado a través das TIC.
  • LA13: aplicacións tecnolóxicas para facilitar o acceso á información e posta en valor, fomento e desenvolvemento do patrimonio natural, histórico-artístico, cultural e outros recursos locais para a cidadanía e os visitantes.

Obxectivo temático 04

Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono

Obxectivo específico 4.5.1

Fomento da mobilidade urbana sustentable: transporte urbano limpo, transporte colectivo, conexión urbana-rural, melloras na rede viaria, transporte ciclista, peonalizacións, mobilidade eléctrica e desenvolvemento de sistemas de subministración de enerxías limpas

  • LA14: plans parroquiais de adaptación modal de camiños, vías, rúas, pistas e prazas como lugares de coexistencia para a mobilidade (peonil, ciclista e a motor) o que aumentará a comodidade e a seguridade viaria.
  • LA15: programa de camiños escolares na coroa periférica de media densidade.
  • LA16: rede viaria peonil intraparroquial no continuo de media densidade que rodea a cidade central que una vías e permita a autonomía da poboación infantil, xuvenil e de terceira idade.
  • LA17: implantación dun modelo de transporte colectivo a demanda mediante vehículos de baixa capacidade.

Obxectivo específico 4.5.3

Mellora da eficiencia enerxética e aumento de enerxía renovable nas áreas urbanas

  • LA20: plan de mellora do comportamento enerxético de instalacións sociais.

Obxectivo temático 06

Protexer o medio e promover a eficiencia de recursos

Obxectivo específico 6.3.4

Protección, fomento e desenvolvemento do patrimonio cultural e natural das áreas urbanas, en particular as de interese turístico

  • LA23: restauración paisaxística, medioambiental e patrimonial de lugares de interese turístico, cultural e ambiental en espazos naturais fluviais.
  • LA24: recuperación de espazos forestais periurbanos para a priorización do uso cidadán e turístico.

Obxectivo específico 6.5.2

Accións integradas de revitalización de cidades, e de mellora do contorno urbano e o seu medio natural

  • LA1: programa para a revitalización e a valorización urbana de núcleos de centralidade de parroquia na coroa periférica da cidade.
  • LA2: programa de mellora ambiental e urbana de espazos de barrios periféricos degradados.

Obxectivo temático 09

Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza

Obxectivo específico 9.8.2

Rexeneración física, económica e social do contorno en áreas desfavorecidas a través de estratexias urbanas integradas

  • LA3: novas infraestruturas sociais mediante a creación de espazos deportivos polivalentes e instalacións para a práctica de deportes tradicionais.
  • LA5: acondicionamento e dotación de espazos e equipamentos no edificio social Centro Sur, destinado a colectivos que prestan servizos sociais.
  • LA6: implantación dun plan de igualdade.
  • LA7: laboratorio da infancia.
  • LA28: mercado de novos creadores mediante a rehabilitación de espazos comerciais para contribuír á dinamización comercial da zona monumental.
  • LA29: plan de dinamización da praza de abastos como novo espazo lúdico-gastronómico (food lab market).
  • LA30: fomento do comercio retallista do conxunto histórico de Pontevedra co obxectivo de mellorar a súa competitividade.

O orzamento do Plan de implementación é de 12.499.992 € e está financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) nun 80 %, o que equivale a 9.999.993,60 €. O Concello de Pontevedra financia o 20 % restante, con 2.499.998,40 €.