xestión

Selección de Operacións

As liñas de actuación do Plan de implementación da EDUSI “Máis Modelo Urbano Pontevedra” execútanse a través de operacións.

A selección destas operacións está a cargo da Unidade de Xestión da EDUSI mediante convocatorias de expresións de interese dos potenciais beneficiarios, que son os diversos departamentos municipais que conforman as unidades executoras da estratexia.

O procedemento de selección de operacións da estratexia “Máis Modelo Urbano Pontevedra” segue o disposto polo Organismo Intermedio de Xestión e a Autoridade de Xestión para a selección e a asignación de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do eixe de desenvolvemento urbano do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014 – 2020.

Este procedemento aplicarase, por tanto, ás operacións cuxo inicio e execución corresponden ao departamento que presenta a solicitude, o cal terá a consideración de beneficiario para os efectos do artigo 2 do Regulamento (UE) n.º 1303/2013, e deberá asumir todas as obrigas e os compromisos que se especificarán no documento polo que se establecen as condicións da axuda (DECA), que lle será entregado conforme ao disposto no artigo 125.3 c) do Regulamento (UE) n.º 1303/2013 e o establecido no Manual de procedementos do Concello de Pontevedra para as actuacións cofinanciadas polo FEDER en España no período de programación 2014 – 2020 do Programa Operativo Plurrirexional de España.