COMUNICACIÓN

Participación Urbana

No ano 2019 creouse o Grupo de Participación Urbana de seguimento da Estratexia “Máis Modelo Pontevedra” como órgano impulsor da participación. Este órgano, de carácter multisectorial, realiza funcións de acompañamento, consulta e participación na estratexia e asegura que se integran nel as diferentes voces da cidade.

REUNIÓNS REALIZADAS

reunión do GPU: 9 de decembro de 2019

Na primeira reunión do Comité de Dirección do Grupo de Participación Urbana infórmase sobre a evolución da Estratexia DUSI ata decembro de 2019. En concreto infórmase sobre as operacións seleccionadas e aprobadas ate o momento e sobre as solicitudes de pago presentadas polo Concello de Pontevedra. Acórdase ademáis a constitución de dúas comisións técnicas: a Comisión de Igualdade de Oportunidades e a Comisión de Información e Publicidade.

Tamén se habilitou unha canle de participación para que se poidan facer chegar suxestións e comentarios relacionados coa estratexia a través do formulario adxunto.

Completa o formulario
Que farías para mellorar
o desenvolvemento urbano de Pontevedra?

De acordo co que establece a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, informamos de que os seus datos serán incorporados a un ficheiro automatizado do que é responsable o Concello de Pontevedra. Poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos persoais presencialmente, mediante comunicación escrita dirixida á sede do Concello, situada na rúa Michelena, n.º 30 - 36071 Pontevedra, ou ben mediante o formulario electrónico que se atopa na súa sede electrónica.