SELECCIÓN DE OPERACIÓNS

Procedemento
de Selección de Operacións

A convocatoria de manifestación das expresións de interese (EdI) establece o inicio do procedemento para a avaliación, a selección e a aprobación de operacións da estratexia “Máis Modelo Urbano Pontevedra”.

Efectúase esta convocatoria para que os beneficiarios potenciais propoñan e expresen os seus intereses na execución de operacións que desenvolvan as liñas de actuación do Plan de implementación da estratexia, baixo os principios xerais de transparencia, concorrencia e non discriminación.