avaliación
Informe de avaliación
O informe de avaliación ten como obxectivo medir o grao de execución do plan de implementación da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado conforme ao previsto. A eficacia e a eficiencia do proxecto mídense pola xeración de produtos e a consecución de resultados. Este informe conterá unha análise do seu impacto ou dos seus efectos, ademais dunha análise sobre a sustentabilidade das actuacións unha vez desapareza a axuda financeira do FEDER.