ESTRATEXIA URBANA
MÁIS MODELO PONTEVEDRA
Que retos persegue?
Os retos da EDUSI Máis Modelo Pontevedra son:
Adaptar o modelo de transformación urbana de Pontevedra para a rexeneración urbana do continuo de media densidade que rodea a cidade compacta.
Reducir a desigualdade e favorecer a inclusión da cidadanía, aumentado a súa protección e avanzando en mellores servizos públicos, na posta en valor dos recursos locais e a integración de todo o territorio urbano a través das TIC.
Reducir a pegada de carbono a través dunha conectividade sustentable, o afondamento do cambio modal de mobilidade non contaminante e saudable e na sustentabilidade e a mellora do comportamento e a eficiencia enerxética da área urbana.
Mellorar o comportamento ambiental de Pontevedra e a integración e a conectividade da cidade compacta cos espazos naturais da súa coroa periférica.
Revitalizar a economía local con base na posta en valor de recursos locais e as sinerxías creadas grazas ao modelo urbano.