avaliación
Indicadores de produtividade
Os indicadores de produtividade están ligados a prioridades de investimento e son directamente proporcionais ao gasto realizado. Por esta razón, o seu valor inicial é nulo e vai incrementándose a medida que se van desenvolvendo as operacións. Poden definirse como os bens e os servizos “comprados” polo programa. A través deles permítese avaliar o rendemento e a eficiencia do gasto realizado.