Adxudicado o Plan de igualdade a Atlantic Ponte

Pontevedra, 02 de novembro de 2021. A Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra aprobou esta mañá á adxudicación á empresa Atlantic Ponte a adxudicación do Programación formativo en igualdade de oportunidades para homes e mulleres, o Plan de Igualdade, que estará financiado polos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través da Estratexia DUSI “Máis Modelo Pontevedra”. O custe da adxudicación é de 41.420 euros e o prazo de execución de 14 meses.

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou esta mañá a contratación da asistencia técnica da empresa Estratexia e Organización SA (EOSA) para o peche do exercicio e a prórroga dos proxectos que se levan adiante dentro do programa EDUSI. A adxudicación é por 31.459,17 euros e a posibilidade de prórroga por 3 anos máis.