28 Abr Dez empresas presentan ofertas para reformar o edificio de Santa Clara e transformalo na “Redeira”
- Esta actuación conta cun orzamento de licitación de 90.739,75 euros e está financiada nun 80% por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER)
Pontevedra, 26 de abril de 2021. A reforma interior do edificio de Santa Clara para destinalo a Centro de Información ás Mulleres Redeiras, e cuxos pregos de contratación contemplan un orzamento de 90.739,75 euros, recibiu ofertas de dez empresas:
- Construcciones y Proyectos Abilleira S.L.
- Constructora e Ingeniería Messi S.L.
- Covisam Norte S.L.
- Actividades de Construcción, Edificación y Viales S.L.
- Construcciones Abal S.A.
- Construcciones Castro Figueiro S.L.U.
- Edigrup Golbal S.L.
- Planificación, desarrollo y gestión de construcciones S.A.
- Construcciones Ramírez S.L.
- Xemacon
A concelleira de Contratación e Réxime Interior, Anabel Gulías informou que a rececpción de ofertas se formalizou esta mañá nunha mesa de contración, e lembou que esta actuación reformulará o edifico de Santa Clara para adecualo ao denominado proxecto ‘Redeira’, toda vez que o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Pontevedra-Morrazo (que compartía estas dependencias co CIM) será trasladado ás novas instalacións dos Campos, en canto remate a reforma da antiga escola unitaria de Mourente prevista para comezos de xullo.
Tamén lembrou que o obxectivo da reforma das dependencias municipais de Santa Clara é transformalo nun edificio multidisciplinar que garanta a igualdade da muller en todos os ámbitos, incluído o económico, a través de proxectos colaborativos onde compartir experiencias.
Esta actuación de reforma ten un orzamento de 90.739,75 euros que estarán financiados nun 80% polo FEDER e un prazo de execución de 2 meses, e inclúe a transformación da primeira planta do edificio e tamén da praza exterior.