29 Nov O Gorgullón inaugúrase este domingo
Posted at 14:30h
in Reforma Gorgullón
- O acto comezará ás 17.00 horas
- A obra estará cofinanciada por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER)
O Concello de Pontevedra inaugurará este domingo, 1 de decembro, a reforma da rúa Gorgullón, cun acto que comezará ás 18.00 horas e no que non faltará música e se encenderá a nova iluminación da rúa. Tamén se poderá ver unha exposición sobre o traballo realizado durante todos estes meses. A rúa Gorgullón foi cofinanciada con Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), e tivo un custe de 1.258.629,17 euros.
O proxecto consistiu en:
- Creación de plataforma única con tránsito restrinxido a veciñanza.
- Peonalízase a rúa do Muíño que salva a pendente con escaleiras.
- O Camiño de Santiago queda sinalado cunha cor e pavimento diferenciados entre calzada e beirarrúas e luces led no chan semellantes ao centro histórico.
- Renovouse o alumeado con farois led.
- Ampliación da rede de auga potábel, completarase o separativo de augas pluviais e fecais e instalarase unha rede eléctrica novas.
- Creación dunha pantalla vexetal con pereiras de flor -Pyrus Celleriana- para agochar as traseiras dos edificios e gañar en calidade urbana. O arborado complétase con Gyngko bilobas na praza da entrada.
- Na nova praza do Gorgullón mellórase a accesibilidade e faise unha nova entrada á senda do Gafos.