O Local Social de Lusquiños continuará a entregar o material coa marca Tomeza logo do reparto casa a casa realizado na parroquia

  • O obxectivo principal de todo o material entregado polo Concello e reivindicar unha marca de seu, de pertenza á parroquia, entre toda a veciñanza
  • O Local Social de Lusquiños entregará o material restante entre as persoas que asistan a cursos e outras citas no centro social

 

Pontevedra, 21 de novembro de 2021. O Concello de Pontevedra fixo entrega do material coa marca Tomeza ao Local Social de Lusquiños esta semana que remata, para uso da veciñanza de toda a parroquia. Logo do reparto en cada casa da parroquia que durou varias semanas, o material, que inclúe cadernos, bolsas, paraugas, bolígrafos e pinturas; agora estará gardado no Local Social de Lusquiños para ser repartido desde o centro social cando quixer entre as persoas que asistan a cursos e outras actividades programadas neste espazo.

A creación deste material foi financiado con fondos FEDER (Fondo de Desenvolvemento Rexional) dentro do paraugas da Estratexia Dusi Máis Modelo de Pontevedra. O obxectivo do mesmo e reivindicar unha marca propia, unha marca do seu, coa que toda a veciñanza da parroquia se identifique e poida lucir con orgullo, lembrando o sentimento de pertenza e convivencia.