Quince empresas optan ao proxecto construtivo do Parque Forestal da Fracha

  • O orzamento de saída desta contratación é de 564.864,95 euros e ten un prazo de execución de 12 meses

O Concello vén de iniciar os trámites administrativos para a adxudicación do contrato para levar a cabo o proxecto construtivo do Parque Forestal Periurbano da Fracha. Segundo explicou esta mañá a portavoz do Goberno, Anabel Gulías, o pasado xoves tivo lugar a primeira mesa de contratación relativa a este proxecto, na que se procedeu á apertura de ofertas procedentes de 15 empresas.

As empresas que se presentaron a esta contratación son:

  • Otero Forestal
  • Repoboación e Desbroces do Noroeste
  • SEANTO
  • Servitec Medioambiente
  • Zona de Obra O Rosal
  • Activa Parques y Jardines
  • Arines Obras y Proyectos
  • Calfensa Proyectos
  • Civis Globla
  • Construcciones Caldevergazo – Construcciones E.C. Casas
  • Elsamex
  • Misturas
  • Narom
  • Naturgalia

Este proxecto conta cun orzamento de contratación de 564.864,95 euros e cun prazo de execución de 12 meses. A área de actuación abrangue un total de 406 hectáreas nas parroquias de Marcón (110,72 Ha), Tomeza (36,88 Ha) e A Canicouva (258,40 Ha) e as actuacións máis salientables van encamiñadas a acadar unha revexetación forestal con especies forestais autóctonas, a creación de áreas de estancia e lúdicas, o tratamento antierosión do terreo, a recuperación ambiental das beiras dos ríos, e a recuperación, marcado e creación de sendas.

O proxecto construtivo do Parque Forestal Periurbano da Fracha está enmarcado nos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) concedidos a Pontevedra a través da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible (EDUSI) “Máis Modelo Urbano Pontevedra”.