Súmate ao boletín Máis Modelo Pontevedra

Mediante o boletín “Máis Modelo Urbano Pontevedra” estarás informado dos obxectivos, accións e resultados do proxecto da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado (EDUSI) . O reto principal é afondar no modelo de transformación urbana de Pontevedra centrado nas persoas, continuando, reforzando e adaptándoo este modelo non só no centro urbano, senón tamén en espazos urbanos do bordo e a coroa periférica urbana que rodea a cidade compacta, espazos nos que existen déficits sociais, de calidade urbana, de sustentabilidade e funcionais.