01 Set Xa está dispoñible o vídeo das reformas de Tomeza
O vídeo que resume a distintas actuacións levadas a cabo por Máis Modelo na parroquia de Tomeza xa está dispoñible en Youtube. Con esta actuación preténdese mellorar o contorno urbano da zona mediante a renovación de diversas infraestruturas, coa finalidade de poñer en valor varios espazos públicos, co que se contribúe á rehabilitación urbana e á extensión do modelo de cidade aos núcleos das parroquias. En concreto, este proxecto actúa na zona de Casal do Río, Lusquiños e o contorno da igrexa de San Pedro.
Cun orzamento de 588.747,29 euros, a EDUSI de Pontevedra logrou:
- A creación dun gran espazo polideportivo
- A extensión do modelo de cidade
- A implantación de actuacións de conexión peonil
- A dotación dunha nova zona de descanso, churrasqueira e ampliación do parque infantil
- A mellora do exterior, do merendeiro e do peche perimetral
- A posta en valor de espazos públicos