PROXECTOS DA EDUSI

Reforma do Pavillón Multiusos da Xunqueira

  • Proxecto
  • Multimedia
  • Novas

Con este proxecto realízase a rehabilitación integral do Pavillón Multiusos da Xunqueira que permitirá a mellora deste espazo deportivo, de maneira que axude ao desenvolvemento e á cohesión social da cidadanía de Pontevedra.

Neste proxecto tamén inclúense actuacións que reducen o consumo de enerxía eléctrica e térmica procedente de combustibles fósiles.

En concreto, neste proxecto realízanse medidas e solucións técnicas orientadas a mellorar o comportamento da envolvente dos edificios, a mellora da eficiencia e redución do consumo enerxético eléctrico por cambio e substitución de luminarias máis eficientes e outras actuacións complementarias tendentes a mellorar a eficiencia dos equipos de climatización e ACS.

Operacións:

2017/FEDERSOL/009: Adecuación interior e eficiencia enerxética do Pavillón Multiusos da Xunqueira.

2018/FEDERSOL/004: Actuacións de mellora do comportamento enerxético das instalacións sociais e equipamentos do Concello de Pontevedra.

Liñas de actuación do Plan de implementación da estratexia

LA 3: Novas infraestruturas sociais mediante a creación de espazos deportivos polivalentes e instalacións para a práctica de deportes tradicionais.

LA 20: Plan de Mellora do comportamento enerxético de instalacións sociais

Imaxes

Vídeos

Vídeo de inauguración do Pavillón Multiusos da Xunqueira

LER MÁIS

Inauguración do Pavillón Multiusos da Xunqueira

O Concello de Pontevedra inaugurou esta mañá o Pavillón Multiusos da Xunqueira nun acto no que foron protagonistas os cativos que alí adestran cada sábado. O pavillón Multiusos é, xunto ao Municipal, a instalación deportiva municipal máis empregada durante toda a semana pola que pasan
LER MÁIS

As obras de reforma do Pavillón Multiusos comezan co traslado das dúas pistas e toda a súa actividade deportiva ao Recinto Feiral

Os traballos comezarán o mércores 22 de agosto e estenderanse até final de ano aínda que os novos campos de xogo estarán en uso na primeira quincena de Novembro Na instalación feiral habilitaranse tamén dous xogos de vestiarios e almacéns para atender as necesidades dos
LER MÁIS

Prace-San Emeterio reconstruirán o Pavillón Multiusos da Xunqueira

O Concello aprobou esta mañá esta adxudicación por 1,9 millóns e xa traballa acomodar ás entidades que empregan esta instalación. A obra estará financiada nun 80% por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER). A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a adxudicación á Unión
LER MÁIS