PROXECTOS DA EDUSI
Reforma do Pavillón Multiusos da Xunqueira
Con este proxecto realízase a rehabilitación integral do Pavillón Multiusos da Xunqueira que permitirá a mellora deste espazo deportivo, de maneira que axude ao desenvolvemento e á cohesión social da cidadanía de Pontevedra.
Neste proxecto tamén inclúense actuacións que reducen o consumo de enerxía eléctrica e térmica procedente de combustibles fósiles.
En concreto, neste proxecto realízanse medidas e solucións técnicas orientadas a mellorar o comportamento da envolvente dos edificios, a mellora da eficiencia e redución do consumo enerxético eléctrico por cambio e substitución de luminarias máis eficientes e outras actuacións complementarias tendentes a mellorar a eficiencia dos equipos de climatización e ACS.
Operacións:
2017/FEDERSOL/009: Adecuación interior e eficiencia enerxética do Pavillón Multiusos da Xunqueira.
2018/FEDERSOL/004: Actuacións de mellora do comportamento enerxético das instalacións sociais e equipamentos do Concello de Pontevedra.
Liñas de actuación do Plan de implementación da estratexia
LA 3: Novas infraestruturas sociais mediante a creación de espazos deportivos polivalentes e instalacións para a práctica de deportes tradicionais.
LA 20: Plan de Mellora do comportamento enerxético de instalacións sociais
Imaxes
Vídeos