Arrancan as obras para transformar a rúa do Muíño en espazo peonil

    • Forma parte da reforma do Gorgullón, que está practicamente rematada.
    • A obra estará cofinanciada por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

O Concello de Pontevedra iniciou esta semana os traballos de reforma da rúa do Muíño, unha das perpendiculares da rúa Gorgullón e incluída dentro do proxecto de posta en valor do Camiño de Santiago ao paso pola cidade. Os proxectos do Gorgullón e da Ponte do Burgo están cofinanciados cos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), que foron aprobados para financiar a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integral (EDUSI) “Máis modelo, Pontevedra”.

As obras que arrancaron estes días consisten na demolición de todos os elementos da rúa do Muíño: beirarrúas e asfalto, para proceder á configuración do novo espazo que será peonil. De feito, está previsto salvar a gran pendente da rúa (que une Gorgullón coa rotonda de Eduardo Pondal con Doce de Novembro) cun sistema de ramplas e escaleiras que faciliten a accesibilidade peonil.

O lastro da rúa dará continuidade á nova imaxe da rúa Gorgullón e tamén dun tramo da rúa do Muíño que conecta directamente co paseo dos Gafos.

Esta é a última fase da obra da rúa Gorgullón se atopa practicamente rematada.