PROXECTOS DA EDUSI

Centralidade parroquial de Tomeza

  • Proxecto
  • Multimedia
  • Novas

Esta actuación pretende mellorar o contorno urbano da parroquia de Tomeza, mediante a renovación de diversas infraestruturas, coa finalidade de poñer en valor varios espazos públicos, co que se contribúe á rehabilitación urbana e á extensión do modelo de cidade aos núcleos das parroquias. Con este proxecto actúase na zona de Casal do Río, Lusquiños e o contorno da igrexa de San Pedro.

Operación:

2017/FEDERSOL/008: Mellora das infraestruturas na parroquia de Tomeza.

Liña de actuación do Plan de implementación da estratexia

LA 1: programa para a revitalización e a valorización urbana de núcleos de centralidade de parroquia na coroa periférica da cidade.

Imaxes

Sae a licitación a mellora do centro deportivo de Casal do Río e a contorna do local social de Lusquiños, en Tomeza

Ten un orzamento de 588.000 euros e un prazo de execución de 5 meses A obra estará financiada nun 80% por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) Ante a negativa de Patrimonio, o Concello decidiu sacar do proxecto a mellora das contornas de San Pedro
LER MÁIS

O Concello recupera en Tomeza todos os espazos de centralidade parroquial

• É unha actuación cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional de cara ao vindeiro ano. • Actuarase nos núcleos de Casal do Río, Lusquiños e na controna da Igrexa de San Pedro. O Concello de Pontevedra realizará no vindeiro ano un gran proxecto de recuperación ambiental
LER MÁIS