PROXECTOS DA EDUSI

Centralidade parroquial de Tomeza

  • Proxecto
  • Multimedia
  • Novas

Esta actuación pretende mellorar o contorno urbano da parroquia de Tomeza, mediante a renovación de diversas infraestruturas, coa finalidade de poñer en valor varios espazos públicos, co que se contribúe á rehabilitación urbana e á extensión do modelo de cidade aos núcleos das parroquias. Con este proxecto actúase na zona de Casal do Río, Lusquiños e o contorno da igrexa de San Pedro.

Operación:

2017/FEDERSOL/008: Mellora das infraestruturas na parroquia de Tomeza.

Liña de actuación do Plan de implementación da estratexia

LA 1: programa para a revitalización e a valorización urbana de núcleos de centralidade de parroquia na coroa periférica da cidade.

Imaxes

O Local Social de Lusquiños continuará a entregar o material coa marca Tomeza logo do reparto casa a casa realizado na parroquia

O obxectivo principal de todo o material entregado polo Concello e reivindicar unha marca de seu, de pertenza á parroquia, entre toda a veciñanza.
LER MÁIS

Xa está dispoñible o vídeo das reformas de Tomeza

Con esta actuación preténdese mellorar o contorno urbano da zona mediante a renovación de diversas infraestruturas, coa finalidade de poñer en valor os espazos públicos.
LER MÁIS

As obras do núcleo de centralidade parroquial de Tomeza estarán rematadas en maio

O alcalde e o concelleiro de Coordinación do Rural visitaron esta mañá os traballos, que teñen un orzamento de 466.464,47 euros e inclúen infraestruturas en Casal do Río e Lusquiños, así como unha conexión peonil entre ambos lugares
LER MÁIS

Comezan as obras do núcleo de centralidade parroquial de Tomeza

Estes traballos teñen un orzamento de 466.464,47 euros e e un prazo de execución de 5 meses A obra está financiada nun 80% por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) Esta semana veñen de dar comezo as obras para a conformación do núcleo de centralidade
LER MÁIS

Adxudicadas as obras do núcleo de centralidade parroquial de Tomeza

Realizaranse actuacións Casal do Río e en Lusquiños, cun orzamento de 466.464,47 euros e e un prazo de execución de 5 meses A obra está financiada nun 80% por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER)    A Xunta de Goberno local vén de aprobar a
LER MÁIS

Sete empresas presentan oferta para crear o núcleo de centralidade parroquial de Tomeza

A Mesa de Contratación do Concello reunirase o martes para valorar as propostas presentadas. A obra estará financiada nun 80% por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) A Mesa de Contratación do Concello de Pontevedra reunirase este martes para valorar as ofertas presentadas para a
LER MÁIS