O Concello licita a reforma do edificio de Santa Clara para transformalo na “Redeira”

A Xunta de Goberno local vén de aprobar a apertura do procedemento de contratación da reforma interior do edificio de Santa Calara para destinalo a Centro de Información ás Mulleres Redeiras.

Trátase dunha actuación que reformulará o edifico de Santa Clara para adecualo ao denominado proxecto ‘Redeira’, toda vez que o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Pontevedra-Morrazo (que compartía estas dependencias co CIM) será trasladado ás novas instalacións dos Campos, en canto remate a reforma da antiga escola unitaria de Mourente.

A actuación de reforma ten un orzamento de 90.739,75 euros que estarán financiados nun 80% polo FEDER e un prazo de execución de 2 meses, e inclúe a transformación da primeira planta do edificio e tamén da praza exterior.

O obxectivo da reforma das dependencias municipais de Santa Clara é para transformalo nun edificio multidisciplinar que garanta a igualdade da muller en todos os ámbitos, incluído o económico, a través de proxectos colaborativos onde compartir experiencias.