PROXECTOS DA EDUSI
Plan de igualdade
A través desta actuación búscase impulsar o marco de actuación en materia de igualdade de oportunidades no concello de Pontevedra. Realizaranse dous proxectos singulares:
Un proxecto de investimento que ten que ver coa mellora das infraestruturas, e que serve para a reforma dun edificio para que sirva de soporte para as políticas de igualdade para a muller, mediante a creación do centro de información á muller “Redeiras”. Para iso definiuse un proxecto para a reforma do edificio municipal da rúa Santa Clara 4 (Pontevedra).
De forma complementaria desenvolverase outro proxecto para a execución dun programa formativo para a integración e a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Este proxecto defínese tamén de forma transversal actuando sobre diversas facetas, deseñándose diversos talleres que abordan distintas problemáticas, desde o ámbito social (promovendo o cambio de valores e o modelo actual de socialización sexista, a integración da muller desde a perspectiva de xénero, a prevención da violencia sexista, etc), e sobre todo desde o ámbito laboral (mediante o asesoramento e orientación laboral, a inserción ou reinserción sociolaboral, o acompañamento de iniciativas empresariais, etc). Prevese tamén un labor de asesoramento continuo e especializado á muller durante o tempo que dure devandito programa formativo.
Operacións:
2020/FEDERSOL/002: Implantación dun plan de igualdade entre mulleres e homes
Liñas de actuación do Plan de implementación da estratexia
LA6: Implantación dun plan de igualdade
Imaxes
Vídeos