
12 Abr Quince empresas presentan ofertas para transformar a primeira planta do Mercado de Abastos
- A maioría ofertan, tamén, as melloras ao proxecto.
- A obra estará financiada nun 80% por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER)
A Mesa de Contratación do Concello de Pontevedra abriu esta mañá as ofertas para realizar a renovación da primeira planta do Mercado Municipal de Pontevedra. O proxecto ten un prezo de licitación de 279.292,78 euros e un prazo de execución de 2 meses.
O proxecto estará financiado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
As empresas que presentaron oferta son:
-
- Asturcom
- Innova
- CCS (Canalizacións e construccións Salnés)
- CPA
- GPD
- Acevi
- Gómez Crespo
- Prado Lameiro S.L.
- Naturgalia
- Ediserpo
- Abaco
- Inelsa
- De nuevo punto creativo
- Sergonsa
- Abal Construcciones
A maior parte contemplaron na súa oferta as melloras previstas para esta obra que estaban valoradas en 1.699,19 euros para instalacións complementarias, e 28.420 euros para equipamento.
O proxecto do Mercado de Abastos pretende acondicionar a planta superior para novos usos diferentes aos habituais, para ofrecer novas ofertas de produtos, mantendo a morfoloxía e distribución, mellorando a imaxe e a estética, e co propósito de dinamizar o Mercado de Abastos, creando novos postos de traballo e axudando á rexeneración económica do centro histórico de Pontevedra.
Esta intervención prevista no Mercado de Abastos abordará problemas de xeito integrado revitalizando a economía local poñendo en valor os recursos municipais e impulsando novas iniciativas empresariais na plaza, polo que contribuirá á creación de novos postos de traballo e contribuír á rexeneración económica do centro histórico.
Ademais, a actuación tamén contribuirá á cohesión social de Pontevedra xa que a primeira planta do Mercado transformarase nun novo espazo público de convivencia dirixido ao esparcemento e o comercio local.
Fondos FEDER
Polo tanto, a intervención redundará na mellora do desenvolvemento sostible da zona e a sustentabilidade futura da intervención queda garantida, e contribúe a acadar os obxectivos previstos no Programa Operativo de Crecemento Sostible FEDER 2014-2020, e os obxectivos da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI) Máis modelo Pontevedra, coa que o Concello de Pontevedra acadou os fondos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).