PROXECTOS DA EDUSI

Ximnasio da Once

  • Proxecto
  • Multimedia
  • Novas

O proxecto consiste na implementación de actuacións que reducen o consumo de enerxía eléctrica e térmica procedente de combustibles fósiles.

En concreto, neste proxecto realízanse medidas e solucións técnicas orientadas a mellorar o comportamento da envolvente dos edificios, a mellora da eficiencia e redución do consumo enerxético eléctrico por cambio e substitución de luminarias máis eficientes e outras actuacións complementarias tendentes a mellorar a eficiencia dos equipos de climatización e ACS.

Operación:

2018/FEDERSOL/004: Actuacións de mellora do comportamento enerxético das instalacións sociais e equipamentos do Concello de Pontevedra.

Liña de actuación do Plan de implementación da estratexia

LA 20: Plan de Mellora do comportamento enerxético de instalacións sociais

Video

Imaxes

O Concello licita o acondicionamento das rúas da contorna do Gorgullón

O orzamento de licitación ascende a 298.361,46 euros e supón o acondicionamento da praza de Ponte Boleira, da travesía de Eduardo Pondal, e das rúas Curtidoira, Moa e Pedro Sarmiento de Gamboa.
LER MÁIS

O parque forestal da Fracha estará habilitado en abril

Acondicionáronse 4 miradoiros coas súas correspondentes áreas recreativas, habilitáronse 26,6 km de sendas peonís e ciclistas, elimináronse especies invasoras e plantáronse 15.500 novos exemplares de especies autóctonas.
LER MÁIS

As obras do núcleo de centralidade parroquial de Tomeza estarán rematadas en maio

O alcalde e o concelleiro de Coordinación do Rural visitaron esta mañá os traballos, que teñen un orzamento de 466.464,47 euros e inclúen infraestruturas en Casal do Río e Lusquiños, así como unha conexión peonil entre ambos lugares
LER MÁIS

Cinco empresas presentan as súas propostas para o proxecto do Laboratorio da Infancia

Os técnicos municipais terán dez días hábiles para estudar as ofertas das empresas Taller Abierto, Urban Culture Factory, Alamcia SL, Marexada e Polo Correo do Vento
LER MÁIS

Arranca o deseño do transporte a demanda coa sinatura do contrato da plataforma dixital

Está prevista a implantación dunha plataforma de transporte compartido a demanda para dar servizo á veciñanza da zona periurbana e rural, na que os usuarios deberán chamar a unha central de reservas a través da web ou da app para solicitar con antelación rutas á carta
LER MÁIS

Educación saca a licitación o proxecto para poñer en marcha o Laboratorio da Infancia

Entre as accións concretas previstas plantéxanse talleres sobre os valores, con visitas guiadas a parques forestais, e de actividades deportivas como piragüismo e escalada.
LER MÁIS