PROXECTOS DA EDUSI

Ximnasio da Once

  • Proxecto
  • Multimedia
  • Novas

O proxecto consiste na implementación de actuacións que reducen o consumo de enerxía eléctrica e térmica procedente de combustibles fósiles.

En concreto, neste proxecto realízanse medidas e solucións técnicas orientadas a mellorar o comportamento da envolvente dos edificios, a mellora da eficiencia e redución do consumo enerxético eléctrico por cambio e substitución de luminarias máis eficientes e outras actuacións complementarias tendentes a mellorar a eficiencia dos equipos de climatización e ACS.

Operación:

2018/FEDERSOL/004: Actuacións de mellora do comportamento enerxético das instalacións sociais e equipamentos do Concello de Pontevedra.

Liña de actuación do Plan de implementación da estratexia

LA 20: Plan de Mellora do comportamento enerxético de instalacións sociais

Video

Imaxes

Inauguración do Pavillón Municipal da ONCE en Campolongo

Coñece o resultado final desta actuación enmarcada na EDUSI Máis Modelo Pontevedra.
LER MÁIS

O Concello cumpre co obxectivo de ter a maioría dos proxectos EDUSI sacados a licitación antes do remate deste 2022

Tan só restaría un proxecto por dar este paso, relacionado coa mellora do comercio minorista no casco histórico, estando o resto en diferentes fases administrativas
LER MÁIS

A conversión de parte do Centro Sur nunha residencia para persoas con parálise cerebral estará rematada a comezos do 2023

A portavoz do Goberno, Anabel Gulías, indicou que foi aprobada unha prórroga para este proxecto de mes e medio, o que establece un horizonte moi próximo para a súa finalización
LER MÁIS

Presentación de A Redeira

   
LER MÁIS

O alcalde visita as obras da futura residencia Amencer-Aspace situada no edificio Centro Sur

A reforma avanza a bo ritmo e, de non aparecer imprevistos, podería estar rematada a finais de ano e comezar coa instalación do mobiliario Miguel Anxo Fernández Lores lembra que este é un equipamento «necesario para a cidade e imprescindíbel» que permitirá a moitas familias
LER MÁIS

O proxecto Laboratorio da Infancia leva realizados máis dun centenar de actividades de concienciación medioambiental

O proxecto Laboratorio da Infancia, impulsado pola Concellería de Educación e enmarcado dentro das accións da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado de Pontevedra (Edusi) ‘Máis Modelo Pontevedra’, leva realizados máis dun centenar de obradoiros e actividades de educación e concienciación medioambiental, prácticas deportivas,
LER MÁIS