PROXECTOS DA EDUSI

Ximnasio da Once

  • Proxecto
  • Multimedia
  • Novas

O proxecto consiste na implementación de actuacións que reducen o consumo de enerxía eléctrica e térmica procedente de combustibles fósiles.

En concreto, neste proxecto realízanse medidas e solucións técnicas orientadas a mellorar o comportamento da envolvente dos edificios, a mellora da eficiencia e redución do consumo enerxético eléctrico por cambio e substitución de luminarias máis eficientes e outras actuacións complementarias tendentes a mellorar a eficiencia dos equipos de climatización e ACS.

Operación:

2018/FEDERSOL/004: Actuacións de mellora do comportamento enerxético das instalacións sociais e equipamentos do Concello de Pontevedra.

Liña de actuación do Plan de implementación da estratexia

LA 20: Plan de Mellora do comportamento enerxético de instalacións sociais

Video

Imaxes

Pontevedra acolle unha xornada sobre proxectos Edusi e Fondos Europeos de recuperación

Terá lugar o 7 de maio e contará con representantes municipais, do Ministerio de Movilidad, Transporte y Agenda Urbana, e da  Comisión Europea.
LER MÁIS

Dezaoito empresas presentan ofertas para reformar as rúas perimetrais do Gorgullón

Con case 300.000 euros actúase en rúa da Moa, travesía de Eduardo Pondal, Pedro Sarmiento de Gamboa, Curtidoira e praza de Ponte Bolera.
LER MÁIS

O Concello de Pontevedra adxudica ás empresas Taller Aberto e Marexada o proxecto do Laboratorio da Infancia

A proposta de adxudicación do plan, que inclúe talleres de economía circular, deportes ou sostibilidade, será levada o será aprobada o vindeiro luns en Xunta de Goberno.
LER MÁIS

O Concello de Pontevedra adxudica ás empresas Taller Aberto e Marexada o proxecto do Laboratorio da Infancia

A proposta de adxudicación do plan, que inclúe talleres de economía circular, deportes ou sostibilidade, será levada o será aprobada o vindeiro luns en Xunta de Goberno.
LER MÁIS

O ‘novo’ ximnasio da Once reabrirá as súas portas cara mediados de maio

Tras varios meses de traballos de rehabilitación e reforma executados pola empresa Construcciones Ramírez, a Concellería de Deportes prevé que o ‘novo’ pavillón da Once no barrio de Campolongo reabra as súas portas cara mediados de maio.
LER MÁIS

O Concello dá luz verde ao núcleo de centralidade de Marcón

Inclúe a contorna da casa parroquial e suporá melloras en pavimentacións, accesibilidade e seguranza viaria. O orzamento de licitación acada os 512.000 euros e o prazo estimado de execución é de 5 meses.
LER MÁIS