PROXECTOS DA EDUSI

Laboratorio da infancia

  • Proxecto
  • Multimedia
  • Novas

A través desta actuación búscase integrar e facer partícipe á á poboación infantil e xuvenil nas políticas sociais municipais.

Un proxecto de investimento que apoiará á dinamización económica local mellorando as tarefas de crecemento no ámbito educativo, así como a implementación da “Cidade dos nenos/ as” en Pontevedra.

As actuacións previstas mellorarán a coordinación das actuacións en favor dos nenos/as e incrementarán a formación e información dos colectivos profesionais relacionados coa posta en marcha e iniciativas. Contémplase a creación dun plan de acción para a infancia, que se xestione a través de accións concretas coa colaboración de axentes sociais e educativos.

Operacións:

Liñas de actuación do Plan de implementación da estratexia

LA7: Laboratorio da infancia

Imaxes

Pontevedra comeza a elaborar a súa estratexia educativa esta semana cos primeiros encontros de traballo de expertos do Laboratorio a Infancia

O Plan de Acción trazado a través deste proxecto será froito do debate de cinco grupos de traballo interdisciplinares ou Labs: Espazo Público, Medio Ambiente, Sociedade, Vida Saudable e Cultura.
LER MÁIS

O Laboratorio da Infancia inicia mañá unha rolda de talleres para recoller as opinións do alumnado sobre a cidade en materia de espazos públicos, cultura, vida saudable, sociedade e medio ambiente

Estes encontros darán paso a 5 foros que se desenvolverán durante os meses de marzo e abril na Casa das Campás para realizar as presentacións públicas das conclusións de cada un dos Lab’s.
LER MÁIS

O Laboratorio da Infancia avanza na definición da estratexia educativa de Pontevedra coa celebración da primeira reunión do Lab Cultura

iniciativa, impulsada pola Concellería de Educación, contempla a elaboración dunha estratexia educativa dirixida ao alumnado de Primaria, incluíndo un Plan de Acción que contribúa ao seu mellor desenvolvemento.
LER MÁIS

Os talleres do Laboratorio da Infancia proseguen esta semana e en decembro nunha decena de centros educativos

O Pazo da Cultura acolle a primeira reunión da mesa de traballo Lab Sociedade, na que María Lorenzo, Xaime Domínguez, Ada Otero e Aurora Coego analizaron aspectos que poden contribuír a mellorar a vida ads persoas nos eidos da igualdade, a inclusión e a diversidade funcional.
LER MÁIS

A Concellería de Educación pon en marcha os talleres do proxecto Laboratorio da Infancia para o curso escolar 2021/2022

A empresa adxudicataria Marexada porase nos vindeiros días en contacto cos centros escolares de Pontevedra para ofertarlles as actividades deseñadas no marco do proxecto Laboratorio da Infancia.
LER MÁIS

O Concello de Pontevedra adxudica ás empresas Taller Aberto e Marexada o proxecto do Laboratorio da Infancia

A proposta de adxudicación do plan, que inclúe talleres de economía circular, deportes ou sostibilidade, será levada o será aprobada o vindeiro luns en Xunta de Goberno.
LER MÁIS