PROXECTOS DA EDUSI
Parque Forestal da Fracha
A Fracha é un monte periurbano do concello de Pontevedra no que se levará un proxecto que permitirá a súa posta en valor, tanto dende o punto de vista ambiental como socioeconómico, converténdose nun lugar de lecer para aqueles que o visiten ao tratarse dun espazo forestal de gran valor ambiental pola súa paisaxe.
Coa actuación deseñada aumentarase a superficie de frondosas autóctonas, evitarase a proliferación de vertedoiros incontrolados e controlarase a invasión de especies invasoras exóticas, conseguindo aumentar a biodiversidade e realizaranse traballos de prevención de incendios forestais.
Ademais promocionarase o uso do monte con actuacións que favorezan o lecer do espazo por parte da cidadanía mediante a creación de áreas recreativas e pistas para a práctica do sendeirismo e bicicleta. Deste xeito aplicamos o concepto de infraestrutura verde no noso concello aumentando a malla verde urbana ao incorporar á mesma un espazo periurbano.
O proxecto desenvolverase en terreos pertencentes as Comunidades de Montes Veciñais de Tomeza, Marcón e Canicouva que teñen cedido máis de 38 hectáreas para este novo parque forestal.
Operación:
2019/FEDERSOL/000002: Recuperación do espazo forestal periurbano da Fracha para a priorización do uso cidadá e turístico
Liña de actuación do Plan de implementación da estratexia
LA 24: Recuperación de espazos forestais periurbanos para a priorización do uso cidadá e turístico
Imaxes