PROXECTOS DA EDUSI
Reforma da Ponte do Burgo
O proxecto pretende a peonalización da Ponte do Burgo e o tratamento dos espazos de acceso situados en ambos os extremos desta para mellorar o contorno urbano, revitalizando a cidade, á vez que se pon en valor esta ponte como tramo integrante do Camiño Portugués a Santiago ao seu paso por Pontevedra.
Desta forma acondiciónase un novo espazo público de referencia na cidade ademais de tratar a devandita ponte como o que é: un monumento central da historia de Pontevedra.
Operación:
2017/FEDERSOL/007: Acondicionamento da Ponte do Burgo e o seu contorno.
Liña de actuación do Plan de implementación da estratexia
LA2: programa de mellora ambiental e urbana de espazos de barrios periféricos degradados.