PROXECTOS DA EDUSI

Reforma da Ponte do Burgo

  • Proxecto
  • Multimedia
  • Novas

O proxecto pretende a peonalización da Ponte do Burgo e o tratamento dos espazos de acceso situados en ambos os extremos desta para mellorar o contorno urbano, revitalizando a cidade, á vez que se pon en valor esta ponte como tramo integrante do Camiño Portugués a Santiago ao seu paso por Pontevedra.

Desta forma acondiciónase un novo espazo público de referencia na cidade ademais de tratar a devandita ponte como o que é: un monumento central da historia de Pontevedra.

Operación:

2017/FEDERSOL/007: Acondicionamento da Ponte do Burgo e o seu contorno.

Liña de actuación do Plan de implementación da estratexia

LA2: programa de mellora ambiental e urbana de espazos de barrios periféricos degradados.

Imaxes

Videos

Revista

A Ponte do Burgo amosará hoxe a súa imaxe nocturna na primeira proba de iluminación

A peonalización da Ponte do Burgo entra nas últimas semanas de traballo. A obra está financiada nun 80% por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) A peonalización da Ponte do Burgo entra nas súas últimas semanas de obra. De feito, o Concello realizará esta tarde-noite
LER MÁIS

Mantéñense as obras na Ponte do Burgo durante o Nadal

Continará a restricción de tráfico en Domingo Fontán para acometer a obra de renovación do subministro de auga, que se realizará a través do sistema de ‘encamisado’ Desde o Concello recoméndase utilizar os aparcadoiros de borde e realizar as compras de Nadal de xeito escalonado
LER MÁIS

Nova fase na obra da Ponte do Burgo coa renovación dos servizos en Domingo Fontán

A renovación do subministro de auga farase a través dun sistema de ‘encamisado’ que se se emprega por primeira vez en Pontevedra e que só conlevará o peche do tráfico nun carril A partires do luns 21 de outubro activarase un plan específico de tráfico
LER MÁIS

Os traballos da Ponte do Burgo inician nova fase coa colocación da varanda

Tras a colocación do lastro de predra en toda a plataforma da ponte, a mediados da vindeira semana comezarase a instalar a nova varanda Forman parte do proxecto da posta en valor da Ponte do Burgo, financiado nun 80% por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional
LER MÁIS

A Ponte do Burgo abrirá ao paso peonil o próximo venres

O enlousado de pedra do taboleiro está moi avanzado de modo que a apertura se poderá facer cara final de semana A obra estará cofinanciada por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) O Concelleiro de Obras, Demetrio Gómez anunciou esta mañá a apertura da Ponte
LER MÁIS

Comezan os traballos na cabeceira sur da Ponte do Burgo 

Mañá comeza a instalarse o novo paso elevado fronte a Ponte mantendo o trazado do Camiño de Santiago. A obra obriga a pechar dous carrís da avenida de Bos Aires dende mañá até o mércores. A obra estará cofinanciada por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional
LER MÁIS