PROXECTOS DA EDUSI

Reforma da Ponte do Burgo

  • Proxecto
  • Multimedia
  • Novas

O proxecto pretende a peonalización da Ponte do Burgo e o tratamento dos espazos de acceso situados en ambos os extremos desta para mellorar o contorno urbano, revitalizando a cidade, á vez que se pon en valor esta ponte como tramo integrante do Camiño Portugués a Santiago ao seu paso por Pontevedra.

Desta forma acondiciónase un novo espazo público de referencia na cidade ademais de tratar a devandita ponte como o que é: un monumento central da historia de Pontevedra.

Operación:

2017/FEDERSOL/007: Acondicionamento da Ponte do Burgo e o seu contorno.

Liña de actuación do Plan de implementación da estratexia

LA2: programa de mellora ambiental e urbana de espazos de barrios periféricos degradados.

Imaxes

Videos

Revista

A exposición Ponte do Burgo, berce, camiño e luz achega á veciñanza o patrimonio da cidade

Pode verse dende hoxe, ás 19.30 horas, na pasarela 12 de Novembro Da a coñecer a proxectada reforma da emblemática infraestrutura, unha actuación financiada nun 80% por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) Difundir entre a veciñanza a historia do que sen dúbida é o
LER MÁIS

Dez ofertas para reformar e iluminar a nova ponte do Burgo

Dez ofertas para reformar e iluminar a nova ponte do Burgo A Mesa de Contratación do Concello reuniuse esta mañá para abrir todas as propostas das empresas. Oito concurren para facer a reforma, e dúas para pór a iluminación. A obra estará financiada nun 80%
LER MÁIS

A remodelación da Ponte do Burgo porá en valor o monumento central da orixe e historia de Pontevedra

É unha actuación cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional de cara ao vindeiro ano. Ten un orzamento superior aos 2,5 millóns dos que máis de 860.000 serán para un novidoso alumeado, funcional e ornamental. A actuación terá tres ámbitos: a ponte e as cabeiras.
LER MÁIS