PROXECTOS DA EDUSI
Xincana da illa do Covo
A presente actuación pretende contribuír a que Pontevedra se converta nun destino turístico intelixente. Desenvolverase unha aplicación móbil para que a cidadanía e os turistas, en especial os que viaxen en familia, poidan percorrer a illa do Covo, poñendo en valor os recursos deste espazo. Trátase dunha operación que contribúe á estratexia de desenvolvemento urbano e sustentable e que fomenta, á súa vez, o respecto pola natureza e promove a cultura.
Operación:
Aplicación móbil: Percorrer a illa do Covo.
Liña de actuación do Plan de implementación da estratexia
LA13: aplicacións tecnolóxicas para facilitar o acceso á información e posta en valor, fomento e desenvolvemento do patrimonio natural, histórico-artístico, cultural e outros recursos locais para a cidadanía e as persoas que visiten a cidade.
Imaxes
Vídeos