PROXECTOS DA EDUSI

Acondicionamento do camiño do Gorgullón

  • Proxecto
  • Multimedia
  • Novas

A presente actuación pretende avanzar na mobilidade urbana sustentable de Pontevedra mediante a mellora da rede viaria do camiño do Gorgullón, como tramo integrante do Camiño Portugués a Santiago ao seu paso por Pontevedra, ao convertelo nunha vía de uso prioritario peonil e en plataforma única.

As actuacións concretas nesta rúa consisten basicamente na eliminación dos pavimentos existentes nela e a dotación de novos pavimentos en plataforma única, así como a renovación de todas as instalacións de servizos existentes (abastecemento, saneamento, iluminación, telecomunicacións e gas). Dotarase toda a rúa de novas luces e árbores, así como do mobiliario urbano necesario.

Operacións:

2017/FEDERSOL/005: Acondicionamento do camiño do Gorgullón como tramo urbano do Camiño de Santiago

2020/FEDERSOL/00001: Mellora do contorno urbano do Camiño do Gorgullón: acondicionamiento das rúas Travesía de Eduardo Pondal,  Moa, Curtidoira, Pedro Sarmiento de Gamboa e Praza de Ponte Boleira

Liña de actuación do Plan de implementación da estratexia

LA 14: Plans parroquiais de adaptación modal de camiños, vías, rúas, pistas e prazas como vías de coexistencia para a mobilidade (peonil, ciclista e a motor) co obxectivo de aumentar a comodidade e a seguridade viaria.

Imaxes

Vídeos

O Concello de Pontevedra adxudica ás empresas Taller Aberto e Marexada o proxecto do Laboratorio da Infancia

A proposta de adxudicación do plan, que inclúe talleres de economía circular, deportes ou sostibilidade, será levada o será aprobada o vindeiro luns en Xunta de Goberno.
LER MÁIS

O Concello licita o acondicionamento das rúas da contorna do Gorgullón

O orzamento de licitación ascende a 298.361,46 euros e supón o acondicionamento da praza de Ponte Boleira, da travesía de Eduardo Pondal, e das rúas Curtidoira, Moa e Pedro Sarmiento de Gamboa.
LER MÁIS

Vídeo de inauguración da rúa Gorgullón

LER MÁIS

Galeria de inauguración do Gorgullón

LER MÁIS

O Gorgullón inaugúrase este domingo

O acto comezará ás 17.00 horas A obra estará cofinanciada por Fondos Europeos de  Desenvolvemento Rexional (FEDER) O Concello de Pontevedra inaugurará este domingo, 1 de decembro, a reforma da rúa Gorgullón, cun acto que comezará ás 18.00 horas e no que non faltará música
LER MÁIS

9.000 puntos led iluminan o Camiño de Santiago ao seu paso polo Gorgullón

60 unidades de baliza led de cor azul integradas no pavimento dan continuidade á sinalización específica do trazado do Camiño ao seu paso polo centro urbano A colocación desta iluminación enmárcase na reforma da rúa Gorgullón, financiada nun 80% por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional
LER MÁIS