PROXECTOS DA EDUSI

Edificio Social Centro Sur

  • Proxecto
  • Multimedia
  • Novas

O Centro Sur, o antiguo edificio da ONCE, da acollida a diferentes entidades que prestan servizos en diferentes ámbitos sociais que fundamentalmente van orientados a persoas con necesidades especiais e colectivos desfavorecidos.

Con esta actuación realizarase un proxecto ambicioso e integral na remodelación interna e tamén nos espazos ocupados polas entidades. A parte principal será o acondicionamento dun espazo para Amencer que o empregará como residencia, e doutro para Amizade que creará un centro de día e de orientación laboral.

Operación:

Liña de actuación do Plan de implementación da estratexia

LA5: Acondicionamento e dotación de espazos e equipamentos no edificio social Centro Sur, destinado a colectivos que prestan servizos sociais

Imaxes

O Concello remata a residencia asistencial do Centro Sur e a entrega a Amencer

O alcalde presidiu o acto de inauguración e entrega das instalacións que tiveron un custe de 1,5 millóns de euros que foron financiados, en parte, con fondos FEDER. Lores resaltou que “hoxe é un día de alegría” e recordou que “un modelo de concello e
LER MÁIS

Avanza a reforma da residencia de Amencer no Centro Sur que estará rematada no primeiro trimestre de 2023

O Concello, a través dos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) que financian a Estratexia DUSI “Máis modelo, Pontevedra”, está a facer un investimento de máis de 1,5 millóns de euros na reforma destas dúas plantas.
LER MÁIS

A conversión de parte do Centro Sur nunha residencia para persoas con parálise cerebral estará rematada a comezos do 2023

A portavoz do Goberno, Anabel Gulías, indicou que foi aprobada unha prórroga para este proxecto de mes e medio, o que establece un horizonte moi próximo para a súa finalización
LER MÁIS

Comezan os trámites para a reforma do Centro Sur 

Ademais das actuais asociacións e entidades, neste edificio tamén terá cabida unha residencia de Amencer e un centro de día e de inserción laboral de Amizade-Cogami. A obra estará financiada nun 80% por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) A Xunta de Goberno Local aprobou
LER MÁIS