PROXECTOS DA EDUSI

Ximnasio da Once

  • Proxecto
  • Multimedia
  • Novas

O proxecto consiste na implementación de actuacións que reducen o consumo de enerxía eléctrica e térmica procedente de combustibles fósiles.

En concreto, neste proxecto realízanse medidas e solucións técnicas orientadas a mellorar o comportamento da envolvente dos edificios, a mellora da eficiencia e redución do consumo enerxético eléctrico por cambio e substitución de luminarias máis eficientes e outras actuacións complementarias tendentes a mellorar a eficiencia dos equipos de climatización e ACS.

Operación:

2018/FEDERSOL/004: Actuacións de mellora do comportamento enerxético das instalacións sociais e equipamentos do Concello de Pontevedra.

Liña de actuación do Plan de implementación da estratexia

LA 20: Plan de Mellora do comportamento enerxético de instalacións sociais

Video

Imaxes

O Laboratorio da Infancia inicia mañá unha rolda de talleres para recoller as opinións do alumnado sobre a cidade en materia de espazos públicos, cultura, vida saudable, sociedade e medio ambiente

Estes encontros darán paso a 5 foros que se desenvolverán durante os meses de marzo e abril na Casa das Campás para realizar as presentacións públicas das conclusións de cada un dos Lab’s.
LER MÁIS

O período en probas do Coche de punto permite coñecer erros e dificultades dos condutores e dos usuarios

O Concello irá parroquia por parroquia para axudar ás persoas que o precisen a inscribirse no servizo cando estea de alta dentro dun ano.
LER MÁIS

O Coche de Punto amplía a súa fase de probas a todas as parroquias de Pontevedra

O servizo continúa avanzando na recollida de opinións, incidencias e problemas que poidan percibir os usuarios que ao longo desta última semana foron coñecendo o sistema.
LER MÁIS

A veciñanza de Tomeza, Marcón, Salcedo e Ponte Sampaio participará nas probas do ‘Coche de punto’

O transporte a demanda de Pontevedra chamarase Coche de punto recuperando a denominación tradicional que se refire a un transporte que se colle nun espazo concreto e pode chegar até outros lugares sen seguir unha ruta concreta.
LER MÁIS

O servizo de transporte a demanda comezará o 31 de Xaneiro a súa fase de probas realizando as primeiras viaxes

Levará por nome ‘Coche de Punto’ e conectará todas as parroquias do municipio con diferentes espazos do centro da cidade a través de viaxes en coche solicitadas cunha aplicación.
LER MÁIS

O Laboratorio da Infancia avanza na definición da estratexia educativa de Pontevedra coa celebración da primeira reunión do Lab Cultura

iniciativa, impulsada pola Concellería de Educación, contempla a elaboración dunha estratexia educativa dirixida ao alumnado de Primaria, incluíndo un Plan de Acción que contribúa ao seu mellor desenvolvemento.
LER MÁIS