PROXECTOS DA EDUSI

Transporte Colectivo a Demanda

  • Proxecto
  • Multimedia
  • Novas

O proxecto  consistirá na implementación dun medio de transporte público baixo demanda entre a poboación residente en núcleos de baixa densidade, fundamentalmente. Este servizo favorecerá a mobilidade á carta, facilitando o transporte a onde se determine, no momento que se demande, compartindo a viaxe con outros pasaxeiros con traxectos similares, en vehículos de baixa capacidade, articulado, preferentemente, a través do servizo de taxi. Priorizaranse os desprazamentos a equipamentos socio-sanitarios e de carácter asistencial.

Este sistema de transporte estará orientado principalmente á poboación de núcleos de baixa e media densidade de Pontevedra e a colectivos con posibilidades de mobilidade reducida (poboación da terceira idade, poboación infantil e xuvenil, etc.).

Operaciones:

2019/FSOL/000003: Desenvolvemento de aplicación intelixentes (Smart cities) para a mellora da xestión do servizo de transporte público, de mobilidade e para a optimización da comunicación ao usuario e a súa accesibilidade aos sistemas de información do servizo.

2019/FSOL/000002: Planificación, pto. e coord., incluíndo servizos de consultoría de transporte, así como servizos de consultoría informática, e aqueles derivados,  para o desenvolvemento e implantación dun modelo de transporte colectivo a demanda mediante vehículos de baixa capacidade.

Liñas de actuación do Plan de implementación da estratexia

LA 12: Xestión de servizos públicos accesibles, información e cooperación co sector privado a través das TIC.

LA 17: Implantación dun modelo de transporte colectivo a demanda mediante vehículos de baixa capacidade.

Imaxes

Luz verde á licitación da aplicación informática e do estudo e proposta de explotación do transporte a demanda

 Para o estudo e proposta de explotación o orzamento máximo é de 102.850 euros e para a aplicación informática ascende a 297.460 euros  A previsión é que ambas contratacións estean adxudicadas e comecen a executarse a finais deste ano A portavoz do Goberno, Anabel Gulías,
LER MÁIS

O Concello licita o estudo e proposta de explotación do transporte a demanda

O orzamento ascende a 102.850 euros e a empresa adxudicataria deberá xustificar unha proposta con encaixe nas lexislacións galega, española e europea O estudo incluirá unha análise da mobilidade no rural e a súa relación coa cidade, que será pioneiro nas cidades galegas O concelleiro
LER MÁIS

Un estudo decidirá o modelo 
 de explotación e viabilidade do transporte a demanda en Pontevedra

O concelleiro de Mobilidade, Demetrio Gómez mantivo esta mañá unha reunión técnica para definir as características que terá o estudo especializado que permitirá perfilar como debe ser o transporte a demanda que dará servizo ao rural pontevedrés. O Concello iniciou hoxe o deseño do que
LER MÁIS

A modificación da ordenanza do taxi abre o proceso de implantación do transporte a demanda

Dende hoxe a páxina web municipal recolle o documento base no que se explican os obxectivos desta modificación. Busca que os pontevedreses e o sector fagan as achegas que estimen oportunas. A implantación do modelo de transporte colectivo estará financiada por Fondos Europeos de Desenvolvemento
LER MÁIS

RadioTaxi traslada ao Concello información sobre servizos e tráficos para pór en marcha o transporte a demanda

Xunto con técnicos municipais visita as instalacións para coñecer en directo o seu funcionamento O transporte a demanda está entre as iniciativas municipais cofinanciadas polos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) O concelleiro de Mobilidade, Demetrio Gómez, acompañado de técnicos municipais, achegouse esta mañá ás
LER MÁIS

O Concello comeza o traballo para implantar o transporte a demanda en Pontevedra

O concelleiro de Mobilidade mantivo unha reunión co sector do taxi que amosou o seu interese e a súa boa disposición a colaborar co proxecto. O transporte a demanda está entre as iniciativas municipais cofinanciadas polos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Ter o mellor
LER MÁIS