PROXECTOS DA EDUSI

Transporte Colectivo a Demanda

  • Proxecto
  • Multimedia
  • Novas

O proxecto  consistirá na implementación dun medio de transporte público baixo demanda entre a poboación residente en núcleos de baixa densidade, fundamentalmente. Este servizo favorecerá a mobilidade á carta, facilitando o transporte a onde se determine, no momento que se demande, compartindo a viaxe con outros pasaxeiros con traxectos similares, en vehículos de baixa capacidade, articulado, preferentemente, a través do servizo de taxi. Priorizaranse os desprazamentos a equipamentos socio-sanitarios e de carácter asistencial.

Este sistema de transporte estará orientado principalmente á poboación de núcleos de baixa e media densidade de Pontevedra e a colectivos con posibilidades de mobilidade reducida (poboación da terceira idade, poboación infantil e xuvenil, etc.).

Operaciones:

2019/FSOL/000003: Desenvolvemento de aplicación intelixentes (Smart cities) para a mellora da xestión do servizo de transporte público, de mobilidade e para a optimización da comunicación ao usuario e a súa accesibilidade aos sistemas de información do servizo.

2019/FSOL/000002: Planificación, pto. e coord., incluíndo servizos de consultoría de transporte, así como servizos de consultoría informática, e aqueles derivados,  para o desenvolvemento e implantación dun modelo de transporte colectivo a demanda mediante vehículos de baixa capacidade.

Liñas de actuación do Plan de implementación da estratexia

LA 12: Xestión de servizos públicos accesibles, información e cooperación co sector privado a través das TIC.

LA 17: Implantación dun modelo de transporte colectivo a demanda mediante vehículos de baixa capacidade.

Imaxes

Aprobada en Xunta de Goberno Local a nova ordenanza do taxi

Trátase dun paso fundamental para a posta en marcha do novo transporte a demanda promovido desde o Concello de Pontevedra baixo o nome de ‘Coche de Punto’
LER MÁIS

O Coche de Punto abre o seu servizo á totalidade da veciñanza das parroquias de Pontevedra

A nova forma de mobilidade continúa en fase de aprobas e sube un chanzo nese sentido, aspirando a realizar durante o mes de marzo unha proba de estrés o máis próxima posíbel á realidade.
LER MÁIS

O período en probas do Coche de punto permite coñecer erros e dificultades dos condutores e dos usuarios

O Concello irá parroquia por parroquia para axudar ás persoas que o precisen a inscribirse no servizo cando estea de alta dentro dun ano.
LER MÁIS

O Coche de Punto amplía a súa fase de probas a todas as parroquias de Pontevedra

O servizo continúa avanzando na recollida de opinións, incidencias e problemas que poidan percibir os usuarios que ao longo desta última semana foron coñecendo o sistema.
LER MÁIS

A veciñanza de Tomeza, Marcón, Salcedo e Ponte Sampaio participará nas probas do ‘Coche de punto’

O transporte a demanda de Pontevedra chamarase Coche de punto recuperando a denominación tradicional que se refire a un transporte que se colle nun espazo concreto e pode chegar até outros lugares sen seguir unha ruta concreta.
LER MÁIS

O servizo de transporte a demanda comezará o 31 de Xaneiro a súa fase de probas realizando as primeiras viaxes

Levará por nome ‘Coche de Punto’ e conectará todas as parroquias do municipio con diferentes espazos do centro da cidade a través de viaxes en coche solicitadas cunha aplicación.
LER MÁIS